Joaquín Salgado deixa os títulos ó seu irmán Juan Manuel Salgado, coengo da Santa Iglesia de Tui para que herdara un fillo natural de este, e polo tanto sobriño de Joaquin, don Juan Francisco Salgado que casou con dona Estrella Cárdenas, pero un pleito con Juan de Soto Altamirano, impidiu que herdase Parada e Barcia de Lira
Herdou a continuación o Condado de Borraxeiros o fillo destes, don José María Salgado Cárdenas que casou con dona María Teresa Balbanera Zárate (Irmá do Marqués de Montesacro, Don Vicente Zárate e Murga). Teñen 3 fillos: Don Juan José, que será o herdeiro do Condado de Borraxeiros, Don Manuel e Don Vicente.
En 1808 Don José María Salgado e Cárdenas é Capitán do Reximento de Ourense e particiopou na Guerra da Independencia contra os invasores franceses.
Con motivo de ir á Guerra, fai unha escritura ante Notario en que deixa á súa muller como Titora e Curadora dos seus fillos en previsión de que poda sucumbir na mesma, como así foi, xa que faleceu o 28 de novembro de 1809 na Batalla de Alba de Tormes. Tiña 26 anos.
Teñen 3 fillos: Don Juan José, que será o herdeiro do Condado de Borraxeiros, Don Manuel e Don Vicente.
En 1843, Juan José Salgado Zárate renuncia ó título de Conde de Borraxeiros.
En Borraxeiros quedan os fillos do citado anteriormente, Juan José Salgado Zárate e Socorro Ramos Otero: Socorro Salgado Ramos, que se casa con Ramón Roca Gómez e son os que continúan o Señorío de Borraxeiros. Hai outros irmáns como son Dolores Salgado Ramos que xunto co seu irmán José Salgado Ramos son os padriños de Dolores Blázquez, filla de Juan Blázquez Rosillo, Capitán de Infantería, meu cuarto avó. Despois hai outra filla, Concepción Salgado Ramos que é a madriña de bautismo de Concepción Blázquez, outra filla de Juan Blázquez Rosillo.
Socorro Salgado Ramos e Ramón Roca Gómez teñen varios fillos entre eles está Jesusa Roca Salgado que casou con Jesús Taboada Madriñán. O fillo de este matrimonio é Manuel Taboada Roca, é quen volve a reclamar o título do condado de Borraxeiros e recupérao desde 1958. Ó seu falecemento, no ano 2009, este conde de Borraxeiros cede o castelo de Pambre á Congregación de los Hermanos de los enfermos pobres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario