En decembro de 1752 levouse a cabo na nosa parroquia o Interrogatorio que é coñecido como Catastro del Marqués de la
Ensenada. É o enquírito realizado no entorno da
Coroa de Castela entre 1750 e 1756 para dar conta de todos os bens, rentas e
cargas dos seus habitantes, rexistrando tamén a estes.

Zenón de Somodevilla y Bengoechea, marqués de la Ensenada, por Pierre Jouffroy
En 1749
a Corona de Castela tiña 22 provincias (creadas en torno a 1725):
Galicia ten, nese
momento, sete consideradas provincias: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense,
Santiago e Tui.
Non se
fixo este Interrogatorio no País Vasco, nin en Navarra, nin en Cataluña,
Valencia, Aragón e Baleares, xa que tiñan un réxime fiscal diferente. Cataluña
tivo o seu catastro específico en 1715, o de Patiño. Canarias non o tivo, a
pesares de ser unha provincia da Coroa de Castela, por ter unha fiscalidade
propia.
Autoridades
do lugar, coa axuda de peritos contestan a un cuestionario chamado
Interrogatorio, publicado como epígrafe A do Real Decreto de 10 de outubro de
1749. Son 40 preguntas sobre nome, límites, xurisdición, fontes de riqueza dos habitantes
e do lugar, incluindo territorios, casas, cultivos, gandería, comercio e
industria así como número de habitantes, coa constatación, nalgúns casos, de
nomes das persoas e o oficio que desempeñan. Logo farase un mais minucioso, o libro personal de legos e eclesiásticos, tamén se chaman libros do personal ou de asiento xeral de veciños que consisten na declaración de todas as persoas que pertenecen á misma familia e que moran na vivenda do "cabeza de casa". Nel constarán tando o nome como as edades, sexo, profesión, estado civil... de todos os habitantes, así como as rentas que uns pagan e outros reciben, así como impostos, oficios, etc.
OS OFICIOS:
En primeiro lugar imos comezar cos diferentes oficios:
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN PARADA DE AMOEIRO POR OFICIOS
(1752)
Iglesia
|
A Rega
|
Fondodevila
|
Burguete
|
A Pena
|
Vilaboa
|
Fontao
|
Pedriña
|
Portecelos
|
TOTAL
|
|
Coronel
|
1
|
1
|
||||||||
Tte. Capitán
|
1
|
1
|
||||||||
Tte. Xuiz (*)
|
1
|
1
|
||||||||
Sacristán (*)
|
1
|
1
|
||||||||
Xornaleiros (*)
|
2
|
2
|
8
|
4
|
1
|
8
|
7
|
1
|
1
|
34
|
Labregos
|
1
|
2
|
3
|
3
|
2
|
3
|
3
|
2
|
19
|
|
Sastres (*)
|
1
|
1
|
1
|
3
|
||||||
Criados
|
10
|
1
|
2
|
1
|
14
|
|||||
Zapateiros
|
1
|
1
|
1
|
5
|
8
|
|||||
Texedoras
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
5
|
||||
Costureiras
|
1
|
3
|
1
|
1
|
1
|
7
|
||||
Carpinteiros
|
2
|
1
|
1
|
4
|
||||||
Taberneiro (*)
|
1
|
1
|
||||||||
Cesteiro
|
1
|
1
|
||||||||
Muiñeiro (*)
|
1
|
1
|
Hai algunha casa que non traballa ninguén dos seus moradores, xa por seren viuvas, maiores ou por seren menores. Suponse que traballarían as súas pequenas leiras para subsistir. Tamén hai que ter en conta que as labores do fogar non constan neste Interrogatorio como oficio.
Destacamos que a maior parte de xornaleiros atópanse en Fondodevila, Vilaboa e O Fontao.
Respecto ós oficios mais artesanais, aínda que distribuidos, poderiamos destacar a concentración de zapateiros en Portecelos.
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN:
Na época en que se fai o Interrogatorio do Marqués de la Ensenada, 1752, en Parada de Amoeiro, censan 295 habitantes seglares, veciños do citado Coto. Están distribuidos en 73 casas ou fogares.
A poboación repártese de diferente forma segundo os lugares, que siguen sendo os mesmos case que os de agora.
- Lugar da Iglesia: 8 Cabezas de casa (polo tanto fogares) e 39 veciños.
- Lugar da Rega: 3 Cabezas de casa e 15 veciños.
- Lugar de Fondo de Vila: 11 Cabezas de casa e 45 veciños.
- Lugar do Burguete: 8 Cabezas de casa e 39 veciños.
- Lugar da Pena: 5 Cabezas de casa e 19 veciños.
- Lugar de Vilaboa: 13 Cabezas de casa e 43 veciños
- Lugar do Fontao: 15 Cabezas de casa e 56 veciños. É o lugar máis poboado.
- Lugar da Pedriña: 5 Cabezas de casa e 12 veciños.
- Lugar de Portecelos: 5 Cabezas de casa e 27 veciños.
DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN PARADA DE AMOEIRO POR EDADES E
SEXO (1752)
Menos 18 a.
|
Mas 18 a.
|
Mas 20 a.
|
Mas 30 a.
|
Mas 40 a.
|
Mas 50 a.
|
Mas 60 a.
|
Mas 70 a.
|
Total
|
|||||||||
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
V
|
H
|
||
Iglesia
|
9
|
4
|
5
|
8
|
2
|
1
|
3
|
4
|
1
|
2
|
39
|
||||||
A Rega
|
2
|
1
|
2
|
5
|
1
|
1
|
2
|
1
|
15
|
||||||||
Fondodevila
|
10
|
6
|
6
|
2
|
3
|
5
|
1
|
3
|
2
|
2
|
1
|
1
|
3
|
45
|
|||
Burguete
|
6
|
5
|
5
|
6
|
3
|
2
|
2
|
2
|
2
|
2
|
4
|
39
|
|||||
A Pena
|
1
|
5
|
3
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
3
|
1
|
19
|
|||||
Vilaboa
|
5
|
7
|
3
|
4
|
1
|
1
|
3
|
4
|
1
|
3
|
3
|
3
|
3
|
2
|
43
|
||
Fontao
|
10
|
7
|
10
|
5
|
3
|
4
|
2
|
1
|
3
|
5
|
1
|
4
|
1
|
56
|
|||
Pedriña
|
3
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
12
|
||||||
Portecelos
|
5
|
3
|
6
|
2
|
2
|
2
|
1
|
1
|
1
|
1
|
2
|
1
|
27
|
||||
TOTALES
|
48
|
41
|
41
|
33
|
6
|
12
|
14
|
18
|
10
|
12
|
10
|
12
|
13
|
20
|
2
|
3
|
295
|
No tocante á gráfica das idades, teño que resaltar que nos seus intervalos -non moi ortodoxos- utilicei a distribución case ó pé da letra que se fai no dito Interrogatorio. Claro que vemos que maiores de 20 anos hai puca poboación, pero hai que ponderar o dato no que se indica maiores de 18, que é moi numeroso. Así, se xuntásemos o intervalo de maiores de 18 + maiores de 20, teríamos 47 homes e e 45 mulleres. É dicir que entre 18 e 30 anos estarían ubicados a maioría da poboación (92 individuos), seguidos do tramo menores de 18 anos (89 individuos), descendendo a partires dos 30 anos.
Respecto ás mulleres, son maioría -151-, fronte ós 144 homes, aínda que a diferencia non é moi significativa, e máis se temos en conta que neste apartado non contamos ós eclesiásticos, o que igualaría máis os dous sexos.
Por favor Eligio ¿me puedes decir, porque no se lee todo, qué oficios son los de debajo de labregos hasta el anterior a costureiras? ¡Muchas gracias! Saludos!
ResponderEliminarYo lo leo, pero se quedan fuera las primeras letras, voy a revisar.
EliminarHola Eligio, encontré el catastro del Márquez y además de Parada pude ver otra rama de mis antepasados (Solo no pude encontrar Beiro de Canedo). Lo que quisiera pedirte es el dato de cómo buscar los padrones.
ResponderEliminar¡Muchas gracias! Saludos
Noemí
¿Te refieres a la Parroquia de Beiro? que tiene los lugares de: Beiro | A Caveanca | Chantada | A Eirexa | Madrosende | Regoalde | Sas | Turei?
EliminarBúsquedas del Interrogatorio (Catastro) del Marqués de la Ensenada:
ResponderEliminarhttps://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController
Gracias Eligio! Consultaba Pares pero no encontraba. Ahora di y creo que corresponde, aunque dice parroquia de San Pedro de Beiro y no santa Baia ni santa Eulalia, pero coincide el lugar tan cercano a Ourense capital. Tengo las comprobaciones pero el primer interrogatorio no lo encuentro en family search.
ResponderEliminarLo que me gustaría saber es dónde encontraste los padrones de 1801, 25 y 31. Los consultaste personalmente o están en la web?
Tardé en contestarte porque está vez no me avisaron por mail como la primera vez.
Saludos!
Ah! Escribí Beiro de Canedo porque es como figura el lugar de nacimiento de los abuelos de mi abuelo en su partida de nacimiento.
ResponderEliminarLa pregunta sobre los padrones es por estar interesada en encontrar los padrones de otras aldeas de antepasados. Beiro en Orense y otras en La Coruña. ¡Muchas gracias!
ResponderEliminar