martes, 5 de setembro de 2017

UN AMOEIRÉS DE PARADA, HÉROE CONDECORADO DA 1ª GUERRA CARLISTA

O MEU AVÓ VAI Á GUERRA...
(Unha Historia do meu Tataravó Manuel Caride Vázquez)

Remexendo nos papeis familiares, atopei unha serie de documentos que me contan unha entrañable historia que xa estaba esquecida na tradición verbal familiar e que tratei de recuperala, en honor a un soldado que mostrou o seu valor de forma moi elocuente, segundo vou recollendo no documentado.

Todo comeza o atopar un curioso papel de acordo entre 3 veciños de Parada.

En Fondodevila, na Parroquia de Parada de Amoeiro o 31 de Marzo de 1830, ante a inminencia do sorteo de mozos para o Servizo Militar, xúntanse Ramiro Fernández do Burguete, José Vázquez de Fondodevila e Francisco Caride (meu 4º avó) de Vilaboa e acordan que se lle toca en sorte a algún dos seus fillos, comprométense a buscar outro mozo e pagarlle para que vaia por el, e se non o atopan, entre os tres aportaranlle ó elixido a cantidade de 1000 Reais (250 pesetas) que se lle entregarán da forma seguinte: ó inicio daranlle 45 pesetas (15 cada un), ó cabo de medio ano 75 pesetas (25 cada un) e o resto, ó cabo do ano.
Foron testigos Josef e Ramón do Val, Antonio González e Juan Caride, veciños de Fondodevila que xuntamente cos tres do acordo firman o documento.

Vese que a sorte estaba aí, pois é ó fillo de Francisco Caride de Vilaboa, Manuel Caride Vázquez (meu tataravó) a quen lle tocou no sorteo ir a cumplir o servizo de armas.

Para cubrir as unidades, o Exército contaba con soldados voluntarios, que firmaban un compromiso de oito anos e elixían a unidade na que desexaban prestar servicio, e coa incorporación dun cupo anual, cercano ós 25.000 homes, resultante dun sorteo efectuado en cada povo, do que se restaban as plazas ocupadas polos voluntarios saídos da mesma localidade, os que tamén cumplían oito anos; podían presentar un sustituto no seu lugar, aboando neste caso, ademáis, a cantidade de 6.000 reais de vellón, ou mil reais e un cabalo; os nobles, previo pago de 15.000 reais, quedaban exentos totalmente.

Por que estivo Manuel 10 anos servindo no Exército? Aínda non o descubrín, pero é fácil imaxinar que o feito de que coincidira coa 1ª Guerra Civil Carlista dá algunha explicación. É evidente que a coincidencia do seu licenciamento coa finalización desa guerra non é baladí.

Pon o seu expediente que:

Fue quinto por su pueblo con el número 3. El dia 5 de Marzo de 1830 se presentó al Comisario y fue admitido en el Depósito el dia 11 de Noviembre siguiente y procedente en el tubo entrada en este Reconocimiento para servir a S. M. ocho años el dia 22 de diciembre de 1830”...

Qué leva Manuel consigo? Imaxino que os 180 reais que acordara seu pai cos outros dous conveciños, e o que lle dan ó entrar ó Cuartel: tres camisas, dous pares de pantalóns, dous pares de botís de lenzo, dous pares de zapatos, un gorro de cuartel, dous corbatís, unha funda de cartuchera, un par de botís negros, un plumeiro, un par de tirantes de pantalóns, dous panos de bolsillo, un morral, unha bolsa de aseo e unha agulleta con escobilla, todo elo por un importe de 174 reais por soldado, recibindo en metálico 48 reais para adquirir a chaqueta, porque ésta aínda non se compraba por contrata para todo o Exército. A unidade proporcionáballes, ademáis, casaca, capote, morrión, correaxe, mochila e armamento.

...“Hizo juramento de fidelidad a las Banderas en la Revista pasada al Cuerpo en 1º de febrero de 1831”...
 “Por Real Orden de 9 de Febrero de 1832 fue destinado a este Regimiento del
Ejercito de Observacion a las fronteras de Portugal en el que asta el 17 de Avril de 1833 sufriendo las penalidades correspondientes a su continua movilidad.”...

Pasa como soldado da 5ª Compañía do Primeiro Batallón do Reximento de Infantería Borbón 17 de Línea. Estaba ó mando do Reximento o Brigadier Coronel D. Ramon de la Rocha Caballero de la Real Militar Orden de San Fernando de Primera Clase, condecorado con otras distinciones por acciones de guerra, dos veces Benemérito de la Patria.

Seguimos con Manuel Caride: “Por Diploma espedido en Madrid en 30 de Octubre de 1833 ha sido agraciado con la Cruz de Maria Isabel 2ª que por su antiguedad le ha correspondido, concedida a la de Clase de Tropa por la Jura de la Serenísima Señora Princesa Dª Maria Isabel Luisa de Borbon”...

Xa nos metemos de cheo na 1ª Guerra Carlista.

Grazas á minuciosidade militar temos moita información de Manuel.

...“hijo de Francisco y Francisca Vázquez, de Parada de Amoeiro, oficio labrador, su estatura 4 pies 11 pulgadas y 6 lineas, de edad a este dia de 26 años; su Religion C. A. R. de estado soltero...... pelo y cejas castaño, ojos pardos, color blanco, nariz regular, barba poca.”...

Lendo o seu expediente podemos intuir que Manuel mostrou un valor digno de todas as distincións que recibiu. Tiña as mesmas distincións de “Benemérito a la Patria” (dúas) que o Brigadier Coronel do Reximento, ademais das medallas coas que foi condecorado.

Está nas accións de Castro Gonzalo o 3 de Decembro de 1833, … o 11 de Marzo nas de La Población... 23 de Xuño en Castrejana, 1º de Xullo en Bilbao, 11 de Septembro Arrigorriaga, 27 e 28 de Octubre sobre o Castelo de Guevara; o 16 de Novembro en Montejurra; o 20 de Abril de 1836 na Ponte de Vidaurreta...
 ... igualmente atopouse no el 3º Sitio de Bilbao; polo que se lle concedeu unha Cruz co lema do mesmo nome e polo mesmo “Benemérito a la Patria”; o 10 de Marzo de 1837 na de Sta. Marina e o 21 do mesmo mes retirada de Zamudio a Bilbao, 14 de Maio toma da linea de San Sebastian, 17 e 18 de Xuño en Fuenterrabía.



O 30 de Xuño en Lecumberri e 19 de Xullo Batallas de Chiva nas que se lle concedeu unha Cruz co lema do seu nome e por 2ª vez “Benemérito de la Patria”; ... 19 de Septiembre en el Pozo de Guadalajara...

O catorce de Octubre de 1840 en Calatayud Ramon de la Rocha Firma o seu licenciamento. Manuel ten 37 anos. Todo un veterano.


xoves, 31 de agosto de 2017

A FIRMA E XURAMENTO DA CONSTITUCIÓN DE 1812 EN PARADA DE AMOEIRO

A FIRMA E XURAMENTO DA CONSTITUCIÓN DE 1812 EN PARADA

Así D. Luis Gonzalez, Alcalde Carcelero convocaba os seus veciños:
En el lugar de Vilaboa Feligresía y Coto de Santiago de Parada, a veinte y nuebe días del mes de Marzo, año de mil ochocientos veinte; el Señor Luis Gonzalez Alcalde Carcelero que como tal administra Justizia en el; por ausencia Escribano dijo: haver recivido orden de la Capital de este Partido terminante a que se publique y jure la Constitución promulgada en Cádiz por los representantes de la Nación el año pasado 1812 y que se reconozca la Junta Suprema instalada en la Ciudad de la Coruña con lo mas que dicha orden refiere; y para efecto de darle entero cumplimiento ?procede?  despachar combocatorias para que los domiciliarios de este dicho Coto congregados en masa, el día dos de Abril, y ora a las diez de su mañana en el campo de la fiesta como sitio acostumbrado, traigan el reconocimiento y juramento prevenido arreglado a la formula inscrita en dicha orden...”
E efectivamente, no lugar indicado e á hora sinalada apareceron os convocados, que no documento se relatan:
En el campo de la fiesta, Feligresia y Coto de Santiago de Parada, a dos dias del mes de Abril, año de mil ochocientos veinte; ante el Sr. Luis Gonzalez Alcalde Carcelero que administra justicia en el y en virtud a las combocatorias al efecto despachadas se presentaron:

El Señor D. Joseph Joaquin Miranda y Soto; Don Francisco Paz y Arminta, Josef Garcia Procurador General de el; Ignacio Carid Juez Pedaneo; Emedio Sotelo; Josef y Jacobo Fernandez; Ramon y Fernandeo Duran, Ramon Fernandez, Ramon y Antonio Pereyra, Miguel Carid, Francisco Gonzalez, Miguel Vazquez, Josef y Francisco do Pazo, Manuel Vazquez, Manuel Noboa, Santiago Gonzalez, Antonio Rodriguez, Domingo Gonzalez, Pedro do Bal; Pedro Rodriguez, Juan Gonzalez, Manuel Gonzalez, Cayetano Gonzalez; Josef Vazquez, Josef do Bal; Pedro Rey; Pedro Gonzalez; Juan, Francisco y Facundo Carid; Josef Rodriguez; Josef Alvarez; Francisco do Bal; Gabriel y Josef Gonzalez; Francisco Carid, Antonio Arias; Manuel Fernandez; Martin Fernandez; Manuel Gonzalez y Ramiro Gonzalez vecinos todos de esta dicha Parroquia y Coto...”
Alí xuran o cumplimento da
Constitucion Politica da Monarquia española sancionada en Cadiz por los representantes de la Nacion que asi mismo reconocieron la Junta Suprema instalada en la Cibdad de la Coruña...”.
E así mismo xuran
...hacer todos los exfuerzos posibles a conseguir el justo y santo objeto que se propone con arreglo a la voluntad del Pueblo, y hasta que se consiga enteramente...”. “... si asi lo hiciereys Dios os ayude; y si no que Dios os lo demande; Amen.”


martes, 1 de agosto de 2017

D. JOSÉ MARÍA SALGADO E CÁRDENAS (IV CONDE de Borraxeiros)

En 1808  Don José María Salgado e Cárdenas é Capitán do Reximento de Ourense e particiopou na Guerra da Independencia contra os invasores franceses.

Casa Don José María con Dona María Balbanera Zárate e Murga (Irmá do Marqués de Montesacro, Don Vicente Zárate e Murga). Teñen 3 fillos: Don Juan José, que será o herdeiro do Condado de Borraxeiros, Don Manuel e Don Vicente.

Con motivo de ir á Guerra, fai unha escritura ante Notario en que deixa á súa muller como Titora e Curadora dos seus fillos en previsión de que poda sucumbir na mesma, como así foi, xa que faleceu o 28 de novembro de 1809 na Batalla de Alba de Tormes. Tiña 26 anos.




"A finais de 1809, bateuse unha batalla polo dominio da ponte de Alba de Tormes. Era un punto estratéxico para evitar o avance dos franceses.

Despois de ser derrotado en Ocaña, o Xeneral Del Parque, acampou á beira de Alba de Tormes, onde se encontraría coas tropas do Xeneral francés Kellerman, comandando unha numerosa tropa de cabaleiría.

Del Parque situou parte das suas tropas na marxe esquerda do río Tormes e deixou na cidade, marxe dereita, as forzas restantes nunha extraña decisión, xa que entre elas so quedaba a pequena ponte.


Kellerman, prevendo a posibilidade de que o exército español se retirase á outra beira, sen tropas de infantería, decidiu arriesgarse e atacar so coa cabaleiría.

A cabaleiría imperial francesa, cos húsares e os cazadores de Lorcet á cabeza, se abalanzouse en catro oleadas consecutivas contra a línea defensiva formada por os españoles, arrasando ós xinetes de Del Parque e comezando a crear grandes destrozos entre as tropas de infantería española. Tras sufrir 3000 baixas entre mortos, feridos e prisioneiros, os soldados españoles replegáronse cara a ponte do Tormes, consiguindo pasar a mitade de eles. O resto da infantería consiguiu formar en cadro e dispúxose a esperar o asalto final.
Sen embargo, este non se produxo xa que o comandante francés entretuvo con maniobras finxidas ós españoles en canto esperaba a chegada da infantería francesa. Despois de tres horas de espera e escaramuzas, á noitiña, os cadros españoles lanzáronse nunha precipitada fuxida cara a ponte e a maioría consiguiu chegar ata as posicións de Del Parque. Afortunadamente, a infantería francesa non chegou a tempo.
Del Parque foi expulsado polos primeiros batallóns franceses de infantería cuando chegaron e decidiu retirarse da zona.


Nese desgraciado combate, tan glorioso para a infantería española, destacaron os reximentos españoles do Príncipe, Princesa, Gerona, Zaragoza y Navarra, que formaban parte da vanguardia española e 2ª División.
En concreto, o Batallón 1º de Gerona, de Infantería Lixeira, estivo a punto de ser destrozado pola cabaleiría francesa pero consiguiu manter as súas liñas ata os asaltos finais."     


Fuente: http://www.nimix.net/AlbadeTormes.htm

Para saber mais: 
https://www.academia.edu/25203833/LA_BATALLA_DE_ALBA_DE_TORMES_1809_VISTA_POR_LOS_FRANCESES

sábado, 29 de abril de 2017

OS APELIDOS EN PARADA DE AMOEIRO EN 1752

Aquí recollo a frecuencia dos diferentes apelidos nesta época en que se fai o Catastro do Marqués da Ensenada. O método que seguín foi recoller os que fan os peritos e diversos veciños ante o Rexidor Perpetuo da cidade de Ourense D. Vizente Lopez de Agra. Pero como atopei algunha contradicción cos apelidos que o cura párroco D. Luis de Losada describía no seu listado de "Confesados", optei por contrastalos e dinlle prioridade ós de D. Luis de Losada, cando había contradicción (9 casos en concreto) e fíxeno así porque considerei que o cura párroco tiña información mais fidedigna de todos os veciños da parroquia, e os veciños que asistiron como parte dos peritos non eran de todos os lugares, senón de 2 lugares concretos: Fontao e Portecelos e podían trastocar os apelidos con facilidad.
Por outra banda, o total de veciños  no documento do catastro son 295 e aquí so constan 288, eso é debido que de varios criados e criadas non constan os seus apelidos, polo que hai esta pequena diferencia.

Están ordenados de maior a menor e por lugares, resaltando en negrilla os de frecuencia mais elevada en cada apelido.


venres, 7 de abril de 2017

DIEZMOS E PRIMICIAS



O 4 de Decembro de 1752 dice Don Luis de Lossada y Salgado, Abade da Feligresía de Santiago de Parada de Amoeiro que como Diezmos percibe: 30 moios de viño, 3 fanegas de centeo, unha fanega de trigo, 4 fanegas de millo maiz, 4 ferrados de fabas, 9 fanegas de castañas, 2 cuartos de garbanzos, 7 ristras de cebolas, 5 feixes de nabos, 3 libras de manteca, 3 libras de liño, 2 marraos, 7 polos e "nada mas". As Primicias percíbeas a Iglesia e páganas os veciños de este Coto: 2 fanegas e 5 cuartos de centeo cada ano. Don Juaquín Salgado paga 6 fanegas. Misas de Aniversario dice que so hai unha certa que da unha limosna de 10 Reais de Vellón, que os dan o lugar do Fontao e Vilaboa. Non hai mais misas nin responsos, nin sepultura de dotación. Dice que
"esto es la verdad segun ba puesto en la relacion y para que conste lo firmo en la casa del Buen Jesús de la Poboanza a quatro dias del mes de Diciembre del año de 1752".

sábado, 18 de marzo de 2017

A VIDA EN PARADA DE AMOEIRO EN 1752: OFICIOS E POBOACIÓN

En decembro de 1752 levouse a cabo na nosa parroquia Interrogatorio que é coñecido como Catastro del Marqués de la Ensenada. É o enquírito realizado no entorno da Coroa de Castela entre 1750 e 1756 para dar conta de todos os bens, rentas e cargas dos seus habitantes, rexistrando tamén a estes.
A intención era levar a cabo unha reforma fiscal, e sustituir as múltiples e engorrosas, á par que inxustas, rendas provinciais por un único imposto, que nunca se chegou a implantar. Sen embargo quedou para a posteridade un grande e minucioso volume de datos que se conservan en diversos Arquivos Estatais. Estando no Arquivo General de Simancas a copia compulsada completa das contestacións das 13.000 localidades da Coroa de Castela.

Zenón de Somodevilla y Bengoechea, marqués de la Ensenada, por Pierre Jouffroy

En 1749 a Corona de Castela tiña  22 provincias (creadas en torno a 1725):
Galicia ten, nese momento, sete consideradas provincias: Betanzos, Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui.

 Non se fixo este Interrogatorio no País Vasco, nin en Navarra, nin en Cataluña, Valencia, Aragón e Baleares, xa que tiñan un réxime fiscal diferente. Cataluña tivo o seu catastro específico en 1715, o de Patiño. Canarias non o tivo, a pesares de ser unha provincia da Coroa de Castela, por ter unha fiscalidade propia.
Autoridades do lugar, coa axuda de peritos contestan a un cuestionario chamado Interrogatorio, publicado como epígrafe A do Real Decreto de 10 de outubro de 1749. Son 40 preguntas sobre nome, límites, xurisdición, fontes de riqueza dos habitantes e do lugar, incluindo territorios, casas, cultivos, gandería, comercio e industria así como número de habitantes, coa constatación, nalgúns casos, de nomes das persoas e o oficio que desempeñan. Logo farase un mais minucioso, o libro personal de legos e eclesiásticos, tamén se chaman libros do personal ou de asiento xeral de veciños que consisten na declaración de todas as persoas que pertenecen á misma familia e que moran na vivenda do "cabeza de casa". Nel constarán tando o nome como as edades, sexo, profesión, estado civil... de todos os habitantes, así como as rentas que uns pagan e outros reciben, así como impostos, oficios, etc.

OS OFICIOS:
En primeiro lugar imos comezar cos diferentes oficios:

DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN PARADA DE AMOEIRO POR OFICIOS (1752)

Iglesia
A Rega
Fondodevila
Burguete
A Pena
Vilaboa
Fontao
Pedriña
Portecelos
TOTAL
Coronel
1








1
Tte. Capitán
1








1
Tte. Xuiz (*)








1
1
Sacristán (*)
1








1
Xornaleiros (*)
2
2
8
4
1
8
7
1
1
34
Labregos
1
2
3
3
2
3
3

2
19
Sastres (*)
1


1



1

3
Criados
10

1
2

1



14
Zapateiros
1





1
1
5
8
Texedoras

1

1
1
1
1


5
Costureiras


1
3
1
1


1
7
Carpinteiros



2
1

1


4
Taberneiro (*)





1



1
Cesteiro





1



1
Muiñeiro (*)





1



1

(*) Combinan ese traballo ou oficio co de labradores.

Hai algunha casa que non traballa ninguén dos seus moradores, xa por seren viuvas, maiores ou por seren menores. Suponse que traballarían as súas pequenas leiras para subsistir. Tamén hai que ter en conta que as labores do fogar non constan neste Interrogatorio como oficio.
Destacamos que a maior parte de xornaleiros atópanse en Fondodevila, Vilaboa e O Fontao.
Respecto ós oficios mais artesanais, aínda que distribuidos, poderiamos destacar a concentración de zapateiros en Portecelos.

DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN:
Na época en que se fai o Interrogatorio do Marqués de la Ensenada, 1752, en Parada de Amoeiro, censan 295 habitantes seglares, veciños do citado Coto. Están distribuidos en 73 casas ou fogares.

A poboación repártese de diferente forma segundo os lugares, que siguen sendo os mesmos case que os de agora.

- Lugar da Iglesia: 8 Cabezas de casa (polo tanto fogares) e 39 veciños.
- Lugar da Rega: 3 Cabezas de casa e 15 veciños.
- Lugar de Fondo de Vila: 11 Cabezas de casa e 45 veciños.
- Lugar do Burguete: 8 Cabezas de casa e 39 veciños.
- Lugar da Pena: 5 Cabezas de casa e 19 veciños.
- Lugar de Vilaboa: 13 Cabezas de casa e 43 veciños
- Lugar do Fontao: 15 Cabezas de casa e 56 veciños. É o lugar máis poboado.
- Lugar da Pedriña: 5 Cabezas de casa e 12 veciños.
- Lugar de Portecelos: 5 Cabezas de casa e 27 veciños.

DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN EN PARADA DE AMOEIRO POR EDADES E SEXO (1752)

Menos 18 a.
Mas 18 a.
Mas 20 a.
Mas 30 a.
Mas 40 a.
Mas 50 a.
Mas 60 a.
Mas 70 a.
Total

V
H
V
H
V
H
V
H
V
H
V
H
V
H
V
H

Iglesia
9
4
5
8
2
1
3
4




1
2


39
A Rega
2
1
2
5





1

1
2

1

15
Fondodevila
10
6
6
2
3
5

1
3
2
2
1
1
3


45
Burguete
6
5
5
6

3
2
2
2
2


2
4


39
A Pena
1
5
3
1


1
1
1
1


1
3

1
19
Vilaboa
5
7
3
4
1
1
3
4
1
3
3
3
3
2


43
Fontao
10
7
10
5


3
4
2
1
3
5
1
4

1
56
Pedriña

3
1




1
1
1
1
1

1
1
1
12
Portecelos
5
3
6
2

2
2
1

1
1
1
2
1


27
TOTALES
48
41
41
33
6
12
14
18
10
12
10
12
13
20
2
3
295



No tocante á gráfica das idades, teño que resaltar que nos seus intervalos -non moi ortodoxos- utilicei a distribución case ó pé da letra que se fai no dito Interrogatorio. Claro que vemos que maiores de 20 anos hai puca poboación, pero hai que ponderar o dato no que se indica maiores de 18, que é moi numeroso. Así, se xuntásemos o intervalo de maiores de 18 + maiores de 20, teríamos 47 homes e e 45 mulleres. É dicir que entre 18 e 30 anos estarían ubicados a maioría da poboación (92 individuos), seguidos do tramo menores de 18 anos (89 individuos), descendendo a partires dos 30 anos. 

Respecto ás mulleres, son maioría  -151-, fronte ós 144 homes, aínda que a diferencia non é moi significativa, e máis se temos en conta que neste apartado non contamos ós eclesiásticos, o que igualaría máis os dous sexos.