martes, 1 de agosto de 2017

D. JOSÉ MARÍA SALGADO E CÁRDENAS (IV CONDE de Borraxeiros)

En 1808  Don José María Salgado e Cárdenas é Capitán do Reximento de Ourense e particiopou na Guerra da Independencia contra os invasores franceses.

Casa Don José María con Dona María Balbanera Zárate e Murga (Irmá do Marqués de Montesacro, Don Vicente Zárate e Murga). Teñen 3 fillos: Don Juan José, que será o herdeiro do Condado de Borraxeiros, Don Manuel e Don Vicente.

Con motivo de ir á Guerra, fai unha escritura ante Notario en que deixa á súa muller como Titora e Curadora dos seus fillos en previsión de que poda sucumbir na mesma, como así foi, xa que faleceu o 28 de novembro de 1809 na Batalla de Alba de Tormes. Tiña 26 anos.




"A finais de 1809, bateuse unha batalla polo dominio da ponte de Alba de Tormes. Era un punto estratéxico para evitar o avance dos franceses.

Despois de ser derrotado en Ocaña, o Xeneral Del Parque, acampou á beira de Alba de Tormes, onde se encontraría coas tropas do Xeneral francés Kellerman, comandando unha numerosa tropa de cabaleiría.

Del Parque situou parte das suas tropas na marxe esquerda do río Tormes e deixou na cidade, marxe dereita, as forzas restantes nunha extraña decisión, xa que entre elas so quedaba a pequena ponte.


Kellerman, prevendo a posibilidade de que o exército español se retirase á outra beira, sen tropas de infantería, decidiu arriesgarse e atacar so coa cabaleiría.

A cabaleiría imperial francesa, cos húsares e os cazadores de Lorcet á cabeza, se abalanzouse en catro oleadas consecutivas contra a línea defensiva formada por os españoles, arrasando ós xinetes de Del Parque e comezando a crear grandes destrozos entre as tropas de infantería española. Tras sufrir 3000 baixas entre mortos, feridos e prisioneiros, os soldados españoles replegáronse cara a ponte do Tormes, consiguindo pasar a mitade de eles. O resto da infantería consiguiu formar en cadro e dispúxose a esperar o asalto final.
Sen embargo, este non se produxo xa que o comandante francés entretuvo con maniobras finxidas ós españoles en canto esperaba a chegada da infantería francesa. Despois de tres horas de espera e escaramuzas, á noitiña, os cadros españoles lanzáronse nunha precipitada fuxida cara a ponte e a maioría consiguiu chegar ata as posicións de Del Parque. Afortunadamente, a infantería francesa non chegou a tempo.
Del Parque foi expulsado polos primeiros batallóns franceses de infantería cuando chegaron e decidiu retirarse da zona.


Nese desgraciado combate, tan glorioso para a infantería española, destacaron os reximentos españoles do Príncipe, Princesa, Gerona, Zaragoza y Navarra, que formaban parte da vanguardia española e 2ª División.
En concreto, o Batallón 1º de Gerona, de Infantería Lixeira, estivo a punto de ser destrozado pola cabaleiría francesa pero consiguiu manter as súas liñas ata os asaltos finais."     


Fuente: http://www.nimix.net/AlbadeTormes.htm

Para saber mais: 
https://www.academia.edu/25203833/LA_BATALLA_DE_ALBA_DE_TORMES_1809_VISTA_POR_LOS_FRANCESES

Ningún comentario:

Publicar un comentario