martes, 5 de setembro de 2017

UN AMOEIRÉS DE PARADA, HÉROE CONDECORADO DA 1ª GUERRA CARLISTA

O MEU AVÓ VAI Á GUERRA...
(Unha Historia do meu Tataravó Manuel Caride Vázquez)

Remexendo nos papeis familiares, atopei unha serie de documentos que me contan unha entrañable historia que xa estaba esquecida na tradición verbal familiar e que tratei de recuperala, en honor a un soldado que mostrou o seu valor de forma moi elocuente, segundo vou recollendo no documentado.

Todo comeza o atopar un curioso papel de acordo entre 3 veciños de Parada.

En Fondodevila, na Parroquia de Parada de Amoeiro o 31 de Marzo de 1830, ante a inminencia do sorteo de mozos para o Servizo Militar, xúntanse Ramiro Fernández do Burguete, José Vázquez de Fondodevila e Francisco Caride (meu 4º avó) de Vilaboa e acordan que se lle toca en sorte a algún dos seus fillos, comprométense a buscar outro mozo e pagarlle para que vaia por el, e se non o atopan, entre os tres aportaranlle ó elixido a cantidade de 1000 Reais (250 pesetas) que se lle entregarán da forma seguinte: ó inicio daranlle 45 pesetas (15 cada un), ó cabo de medio ano 75 pesetas (25 cada un) e o resto, ó cabo do ano.
Foron testigos Josef e Ramón do Val, Antonio González e Juan Caride, veciños de Fondodevila que xuntamente cos tres do acordo firman o documento.

Vese que a sorte estaba aí, pois é ó fillo de Francisco Caride de Vilaboa, Manuel Caride Vázquez (meu tataravó) a quen lle tocou no sorteo ir a cumplir o servizo de armas.

Para cubrir as unidades, o Exército contaba con soldados voluntarios, que firmaban un compromiso de oito anos e elixían a unidade na que desexaban prestar servicio, e coa incorporación dun cupo anual, cercano ós 25.000 homes, resultante dun sorteo efectuado en cada povo, do que se restaban as plazas ocupadas polos voluntarios saídos da mesma localidade, os que tamén cumplían oito anos; podían presentar un sustituto no seu lugar, aboando neste caso, ademáis, a cantidade de 6.000 reais de vellón, ou mil reais e un cabalo; os nobles, previo pago de 15.000 reais, quedaban exentos totalmente.

Por que estivo Manuel 10 anos servindo no Exército? Aínda non o descubrín, pero é fácil imaxinar que o feito de que coincidira coa 1ª Guerra Civil Carlista dá algunha explicación. É evidente que a coincidencia do seu licenciamento coa finalización desa guerra non é baladí.

Pon o seu expediente que:

Fue quinto por su pueblo con el número 3. El dia 5 de Marzo de 1830 se presentó al Comisario y fue admitido en el Depósito el dia 11 de Noviembre siguiente y procedente en el tubo entrada en este Reconocimiento para servir a S. M. ocho años el dia 22 de diciembre de 1830”...

Qué leva Manuel consigo? Imaxino que os 180 reais que acordara seu pai cos outros dous conveciños, e o que lle dan ó entrar ó Cuartel: tres camisas, dous pares de pantalóns, dous pares de botís de lenzo, dous pares de zapatos, un gorro de cuartel, dous corbatís, unha funda de cartuchera, un par de botís negros, un plumeiro, un par de tirantes de pantalóns, dous panos de bolsillo, un morral, unha bolsa de aseo e unha agulleta con escobilla, todo elo por un importe de 174 reais por soldado, recibindo en metálico 48 reais para adquirir a chaqueta, porque ésta aínda non se compraba por contrata para todo o Exército. A unidade proporcionáballes, ademáis, casaca, capote, morrión, correaxe, mochila e armamento.

...“Hizo juramento de fidelidad a las Banderas en la Revista pasada al Cuerpo en 1º de febrero de 1831”...
 “Por Real Orden de 9 de Febrero de 1832 fue destinado a este Regimiento del
Ejercito de Observacion a las fronteras de Portugal en el que asta el 17 de Avril de 1833 sufriendo las penalidades correspondientes a su continua movilidad.”...

Pasa como soldado da 5ª Compañía do Primeiro Batallón do Reximento de Infantería Borbón 17 de Línea. Estaba ó mando do Reximento o Brigadier Coronel D. Ramon de la Rocha Caballero de la Real Militar Orden de San Fernando de Primera Clase, condecorado con otras distinciones por acciones de guerra, dos veces Benemérito de la Patria.

Seguimos con Manuel Caride: “Por Diploma espedido en Madrid en 30 de Octubre de 1833 ha sido agraciado con la Cruz de Maria Isabel 2ª que por su antiguedad le ha correspondido, concedida a la de Clase de Tropa por la Jura de la Serenísima Señora Princesa Dª Maria Isabel Luisa de Borbon”...

Xa nos metemos de cheo na 1ª Guerra Carlista.

Grazas á minuciosidade militar temos moita información de Manuel.

...“hijo de Francisco y Francisca Vázquez, de Parada de Amoeiro, oficio labrador, su estatura 4 pies 11 pulgadas y 6 lineas, de edad a este dia de 26 años; su Religion C. A. R. de estado soltero...... pelo y cejas castaño, ojos pardos, color blanco, nariz regular, barba poca.”...

Lendo o seu expediente podemos intuir que Manuel mostrou un valor digno de todas as distincións que recibiu. Tiña as mesmas distincións de “Benemérito a la Patria” (dúas) que o Brigadier Coronel do Reximento, ademais das medallas coas que foi condecorado.

Está nas accións de Castro Gonzalo o 3 de Decembro de 1833, … o 11 de Marzo nas de La Población... 23 de Xuño en Castrejana, 1º de Xullo en Bilbao, 11 de Septembro Arrigorriaga, 27 e 28 de Octubre sobre o Castelo de Guevara; o 16 de Novembro en Montejurra; o 20 de Abril de 1836 na Ponte de Vidaurreta...
 ... igualmente atopouse no el 3º Sitio de Bilbao; polo que se lle concedeu unha Cruz co lema do mesmo nome e polo mesmo “Benemérito a la Patria”; o 10 de Marzo de 1837 na de Sta. Marina e o 21 do mesmo mes retirada de Zamudio a Bilbao, 14 de Maio toma da linea de San Sebastian, 17 e 18 de Xuño en Fuenterrabía.



O 30 de Xuño en Lecumberri e 19 de Xullo Batallas de Chiva nas que se lle concedeu unha Cruz co lema do seu nome e por 2ª vez “Benemérito de la Patria”; ... 19 de Septiembre en el Pozo de Guadalajara...

O catorce de Octubre de 1840 en Calatayud Ramon de la Rocha Firma o seu licenciamento. Manuel ten 37 anos. Todo un veterano.