sábado, 29 de abril de 2017

OS APELIDOS EN PARADA DE AMOEIRO EN 1752

Aquí recollo a frecuencia dos diferentes apelidos nesta época en que se fai o Catastro do Marqués da Ensenada. O método que seguín foi recoller os que fan os peritos e diversos veciños ante o Rexidor Perpetuo da cidade de Ourense D. Vizente Lopez de Agra. Pero como atopei algunha contradicción cos apelidos que o cura párroco D. Luis de Losada describía no seu listado de "Confesados", optei por contrastalos e dinlle prioridade ós de D. Luis de Losada, cando había contradicción (9 casos en concreto) e fíxeno así porque considerei que o cura párroco tiña información mais fidedigna de todos os veciños da parroquia, e os veciños que asistiron como parte dos peritos non eran de todos os lugares, senón de 2 lugares concretos: Fontao e Portecelos e podían trastocar os apelidos con facilidad.
Por outra banda, o total de veciños  no documento do catastro son 295 e aquí so constan 288, eso é debido que de varios criados e criadas non constan os seus apelidos, polo que hai esta pequena diferencia.

Están ordenados de maior a menor e por lugares, resaltando en negrilla os de frecuencia mais elevada en cada apelido.


venres, 7 de abril de 2017

DIEZMOS E PRIMICIAS



O 4 de Decembro de 1752 dice Don Luis de Lossada y Salgado, Abade da Feligresía de Santiago de Parada de Amoeiro que como Diezmos percibe: 30 moios de viño, 3 fanegas de centeo, unha fanega de trigo, 4 fanegas de millo maiz, 4 ferrados de fabas, 9 fanegas de castañas, 2 cuartos de garbanzos, 7 ristras de cebolas, 5 feixes de nabos, 3 libras de manteca, 3 libras de liño, 2 marraos, 7 polos e "nada mas". As Primicias percíbeas a Iglesia e páganas os veciños de este Coto: 2 fanegas e 5 cuartos de centeo cada ano. Don Juaquín Salgado paga 6 fanegas. Misas de Aniversario dice que so hai unha certa que da unha limosna de 10 Reais de Vellón, que os dan o lugar do Fontao e Vilaboa. Non hai mais misas nin responsos, nin sepultura de dotación. Dice que
"esto es la verdad segun ba puesto en la relacion y para que conste lo firmo en la casa del Buen Jesús de la Poboanza a quatro dias del mes de Diciembre del año de 1752".